Monday 29 de April de 2024

O Concello de Ribeira adxudica a pavimentación e instalación de pluviais nas parroquias de Corrubedo e Artes


O Concelo de Ribeira ven de adxudicar a pavimentación e instalación da liña de pluviais na Travesía dos Pozos, en Corrubedo, cun importe de 31.890,51 € e un prazo de execución de 3 meses; e tamén a instalación da liña de pluviais en Outeiro, Artes, cun importe de 25.054,84 € e un prazo de execución de dous meses. Ambas obras están incluídas no Plan Provincial POS +2023 e POS +2021 respectivamente.

A Travesía dos Pozos, na parroquia de Corrubedo, trátase dun camiño polo que transitan gran cantidade de veciños e visitantes; mais só presenta na actualidade firme de terra edispón unicamente de rede de saneamento, polo que se proxecta a instalación dunha nova liña de pluviais e a pavimentación do camiño.

Doutra banda, a estrada DP-7304 non dispón de rede de pluviais ao seu paso polo lugar deOuteiro, na parroquia de Artes; o que fai que discorra moita auga superficial pola calzada en momentos de choiva, supoñendo un risco para a circulación.
“A instalación axeitada da liña de augas pluviais é fundamental para previr as inundacións e os danos materiais que estas poidan ocasionar á veciñanza” afirmou o alcalde Pérez Barral. “Seguiremos traballando para facer chegar os servizos básicos necesarios a tódalas parroquias”.